jueves, 15 de mayo de 2014

ESPRANZA
 XOGO DE ANIMACIÓN
 Do libro NIMBOS de Xosé María Díaz Castro
 
  • Cal é o título deste poema, conécelo?
   Un paso adiante e outro atrás, Galiza,
   e a tea dos teus soños non se move.
   A espranza nos teus ollos se espreguiza.
   Aran os bois e chove.
 
   Un bruar de navíos moi lonxanos
   che estrolla o sono mol coma unha uva.
   Pro ti envólveste en sabas de mil anos,
   e en sonos volves a escoitar a chuva.
 
   Traguerán os camiños algún día
   a xente que levaron. Deus é o mesmo.
   Suco vai, suco vén, ¡Xesús María!,
   e toda cousa ha de pagar seu desmo.
 
   Desorballando os prados como sono,
   o Tempo vai de Parga a Pastoriza.
   Vaise enterrando, suco a suco, o Outono.
   ¡Un paso adiante e outro atrás, Galiza!
 
Solución: 31 de maio

No hay comentarios:

Publicar un comentario